Carmen Acacio quere levar a Outeiro de Rei "aires cheos de renovacióne ilusión"

TerraChaXa | LugoXa
A candidata á Alcaldía polo PSdeG en Outeiro de Rei, Carmen Acacio López, pechou a campaña electoral cun acto no Restaurante Saída 507.
carmen acacio psoe outeiro de rei
27 Maio 2023

A candidata á Alcaldía polo PSdeG en Outeiro de Rei, Carmen Acacio López, pechou este venres a campaña electoral cun acto no Restaurante Saída 507 que contou coa presenza da Deputada no Congreso dos Deputado por Lugo Ana Prieto e do ex Alcalde de Lugo, José López Orozco.

Acacio explicou que encabeza “unha candidatura que está chea de futuro, de propostas e de confianza en que poderemos aportar o mellor de nós porque queremos traer a Outeiro de Rei outros aires cheos de renovación e ilusión, cun programa que intenta paliar as carencias que este concello sofre desde hai moitos anos”. “Pensamos que outra forma de xestión é posible: máis transparente, máis participativa e que traballe polos intereses de todos e todas, e non só polos duns escollidos”, afirmou.

0.17722201347351