Case 150 persoas participaron en Rábade na sexta ruta viaxeira do Xeodestino

TerraChaXa | LugoXa
Uns 146 participantes de moi diversas procedencias participaron en Rábade, na VI xornada viaxeira Descubrindo a Comarca de Lugo e as Terras da Ulloa con Guido Guía.
ruta gdr concello de rabade
ruta gdr concello de rabade
26 Feb 2024

Uns 146 participantes de moi diversas procedencias participaron en Rábade, na VI xornada viaxeira Descubrindo a Comarca de Lugo e as Terras da Ulloa con Guido Guía.

De toda Galicia e tamén de fóra achegáronse persoas animadas a descubrir o patrimonio histórico e cultural deste sexto concello participante do programa organizado polo GDR-4 e o Xeodestino Comarca de Lugo e Terras da Ulloa. A gastronomía local e a música tradicional foron novamente os protagonistas.

A vindeira xornada será no Corgo o sábado 6 de abril, e as inscricións poden facerse gratuitamente no correo info@comarcadelugo.gal ou no teléfono 982 238 000.

0.15739297866821