Case lista a segunda fase da escollera da área da Choza en Trabada

TerraChaXa | AMariñaXa
Case lista a segunda fase da escollera da área de A Choza en Trabada
1 1
2 Dec 2020

A alcaldesa, Mayra García Bermúdez, o xefe provincial da Demarcación de Costas do Estado, José Miguel Estevan, e a subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, visitaron as obras realizadas polo Ministerio de Transición Ecolóxica e para o Reto Demográfico, a través da Dirección Xeral da Costa e o Mar, na zona da área recreativa de A Choza en Trabada.

Isabel Rodríguez explicou que Costas está a executar a segunda fase da escollera da área de A Choza que forma parte das actuacións previstas este ano dentro do plan de conservación e mantemento.

A subdelegada manifestou que “con toda seguridade, estas melloras, que nos demandara o Concello, van redundar no aproveitamento da zona por parte dos veciños”.

Tamén explicou que “esta intervención é complementaria dos traballos que xa se executaran o ano pasado coa finalidade de resolver a degradación nalgunhas infraestruturas existentes na zona”.

As obras que acaban de executarse supuxeron un investimento aproximado de 60.000 euros, e complementan os traballos realizados no ano 2019, nos que se investiran outros 45.000 euros e que, entre outras intervencións, supuxeron o dragado de lodos para facilitar a navegación.

0.19110703468323