Castiñeiro Milenario celebra este sábado a Foliada dos Maios

Este sábado, 31 de maio, no local do pobo da Asociación Veciñal do Castro en Begonte e a partir das 18.30 horas dará comezo o maio de Castiñeiro Milenario. A actividade iniciarase cun paseo para apañar flores, fentos e xestas para facer un maio bonito e xeitoso. Dirixidos por Branca Villares, farán un maio e cantarán unhas pezas ao redor del, nenos, nenas e maiores todas xuntas "para conseguir botar fóra o inverno desta primavera que non dá chegado".
Despois haberá uns petiscos para empezar unha nova edición da Foliada de Primavera. A partir das nove e media, comezará a festa coa foliada que contará coa presenza dos grupos, Foliadeir@s do Castro e Treitoira, despois foliada aberta ata que o corpo aguante.
"Queremos agradecer, como sempre, a Branca Villares, a súa total entrega nesta historia, os maios sen ela, non serían o mesmo e, por suposto, á Asociación Veciñal do Castro por cedernos o local para facer esta gran festa da primavera e á Vicepresidencia da Deputación de Lugo", dicen desde Castiñeiro Milenario.