Castiñeiro Milenario convoca a Foliada de Outono para o día 15

O sábado 15 de novembro volven as foliadas a Begonte, na quenda da Foliada de Outono de Castiñeiro Milenario, que nesta ocasión volve celebrarse no centro sociocultural de Begonte, xunto ao centro médico e a pista de pádel.
Esta comezará ás 20.00 cuns petiscos e a partir das nove da noite empezará a foliada con catro grupos participantes. Abrirán a sesión os grupos residentes, as cantareiras de Foliadeir@s do Castro e o grupo de gaitas de Treitoira. Despois chega desde Cospeito grupo de Beteluma Cantareiras e para rematar o grupo das Pontes No Cómbaro. Despois haberá foliada aberta ata que o corpo aguante.