Castiñeiro Milenario e a Sociedade Micolóxica Lucus realizan mañá un paseo micolóxico

LugoXa | TerraChaXa
A asociación Castiñeiro Milenario de Begonte organiza unha nova edición do Paseo Micolóxico, unha actividade conxunta entre a  Sociedade Micolóxica Lucus e a Asociación Cultural Castiñeiro Milenario e exclusiva para as persoas asociadas de ámbalas dúas formacións.
paseo-micoloxico-begonte
23 sep 2023

A asociación Castiñeiro Milenario de Begonte organiza unha nova edición do Paseo Micolóxico, unha actividade conxunta entre a  Sociedade Micolóxica Lucus e a Asociación Cultural Castiñeiro Milenario e exclusiva para as persoas asociadas de ámbalas dúas formacións. O lugar de saída para iniciar o paseo será no local da Asociación Veciñal do Castro, a partir das dez da mañá do domingo 24 de setembro.

As persoas asociadas das dúas organizacións van realizar un paseo micolóxico por algunhas das fragas do Concello de Begonte, co obxectivo de poder estudar e identificar os cogomelos no seu propio hábitat. Despois deste paseo, terá lugar unha comida conxunta de confraternidade no mesmo local social, cedido pola AV do Castro. O xantar e a bebida achegarase por parte de ambas asociacións, aínda que calquera socio que o desexe pode aportar voluntariamente algunha preparación para complementar a mesma e compartir cos asistentes.

0.15689396858215