Castiñeiro Milenario ofrece un novo obradoiro de cestería
A asociación cultural Castiñeiro Milenario ofrece un novo obradoiro de cestaría de xeito totalmente gratuíto e aberto a calquera persoa que desexa aprender algo do vello oficio de tecer con materiais vexetais grazas á programación do Centro de Artesanía e Deseño (CENTRAD) da Deputación de Lugo.
O obradoiro desenvolverase todos os sábados desde o 18 de novembro ata o 16 de decembro en horario de nove da mañá a dúas do mediodía, excepto o primeiro día de obradoiro que comezará ás dez da mañá.
Como é habitual, colabora co colectivo a Asociación Veciñal do Castro que presta o seu local social para levar a cabo esta actividade.
As persoas interesadas pódense inscribir a través das canles habituais: o propio blog da asociación, a súa páxina de facebook, twitter ou a través do teléfono 616 705 174.