Castiñeiro Milenario organiza tres visitas culturais a museos este inverno

TerraChaXa
O colectivo Castiñeiro Milenario de Begonte presentou aos seus socios un programa de Inverno Cultural, que consiste en tres visitas guiadas a lugares de interese da contorna.
19 Xan 2023

O colectivo Castiñeiro Milenario de Begonte presentou aos seus socios un programa de Inverno Cultural, que consiste en tres visitas guiadas a lugares de interese da contorna. Esta actividade é exclusiva para socio e socias da asociación.

O progrma iniciarase este sábado 21 coa visita ao Museo do Parladoiro, situado en Matela, en Outeiro de Rei e continuará pola  Casa Museo Manuel María en febreiro e o Museo das cousas de Pepe, en Pígara, en marzo. Para estes dous últimos aínda non hai da fixada, que ser irá anunciando de forma paulatina.

A primeira sesión estará dirixida polo anfitrión, Manuel Barreiro, profesor de lingua galega e familiar do dono do museo, Moncho Vivero. Explicarase a procedencia das pezas que se expoñen e tamén algo de historia da Chaira.

0.19069123268127