Castiñeiro Milenario organiza un obradoiro de fermentados
TerraChaXa
O local da asociación veciñal O Castro de Begonte acolle o sábado 14 de outubro un obradoiro de fermentados, que se desenvolverá en horario de 10.
9 Out 2023
O local da asociación veciñal O Castro de Begonte acolle o sábado 14 de outubro un obradoiro de fermentados, que se desenvolverá en horario de 10.30 a 14.00 horas e de 16.00 a 20.
A sesión estará a cargo de Natalia Carrillo que explicará nunha sesión teórica os fundamentos da fermentación láctica de vexetais, como crear as receitas e un seguimento dos procesos de fermentación.
Na parte práctica farase un chucrut de col lombarda e verduras de tempada lactofermentadas.
A sesión está organizada por Castiñeiro Milenario e ten prazas limitadas. A inscrición pecha o 11 de outubro e debe facerse por whatsapp no 616 705 174 ou no correo castineiromilenario@hotmail.com.
O curso ten un prezo de 15 euros para socios e de 25 para os non socios.