Castro acometerá o arranxo do mercado gandeiro en Ribeiras de Lea

TerraChaXa
A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, reuniuse co alcalde de Castro de Rei, Francisco Javier Balado, para analizar as cuestións relacionadas co medio rural neste concello lugués.
castro_mercadogandeiro
4 sep 2018

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, reuniuse co alcalde de Castro de Rei, Francisco Javier Balado, para analizar as cuestións relacionadas co medio rural neste concello lugués.

O rexedor trasladoulle á conselleira a situación actual do mercado nacional de gando, ubicado en Catro Ribeiras de Lea, e a necesidade de substituír a súa cuberta. A titular de Medio Rural tomou nota da solicitude e adiantoulle que a obra podería ter cabida a través dun proxecto senlleiro, que xestiona a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, para a convocatoria do ano que vén. 

Noutra orde de cousas, analizaron a situación actual das reestruturacións parcelarias, en concreto a de Triabá. Así, Ángeles Vázquez adiantoulle ao alcalde que en vindeiras semanas se trasladarán técnicos do seu departamento á zona para informar aos veciños dos avances e pasos a seguir na reorganización deste territorio, que afecta a 1.163 hectáreas propiedade de 555 veciños.

0.10854506492615