Castro dará en xuño unha axuda de mil euros aos hostaleiros

TerraChaXa | LugoXa
O alcalde de Castro de Rei, Francisco Balado, anunciou que o Concello dará axudas á hostalaría afectada pola pandemia da covid-19.
hostaleria terraza bar
13 Abr 2021

O alcalde de Castro de Rei, Francisco Balado, anunciou que o Concello dará axudas á hostalaría afectada pola pandemia da covid-19.

Castro súmase así á lista de Concellos que ofrecerán unha aportación para intentar paliar os efectos económicos que tivo a crise sanitaria sobre este colectivo. axudas foron pedidas tamén dende a Xunta de Galicia aos dirixentes dos concellos galegos.

Segundo explicou, o Concello está a redactar as bases das axudas para que podan incluirse nos orzamentos municipais do ano en curso e que todavía non foron aprobados.

Balado avanzou que as axudas, directas, consistirán en 1.000 euros por local hostaleiro e se repartirán hacia o mes de xuño.

"Estamos redactando as bases pero debido a que os orzamentos non irán ata xuño pois non poderemos dalas xa que teñen que estar incluidas nas contas xerais", explica.

0.20385599136353