Castro de Rei acolle dous obradoiros para persoas coidadoras
O Concello de Castro de Rei acollerá o próximo mes dous obradoiros dirixidos principalmente ás persoas coidadoras. O obxectivo do mesmo é formar os coidadores e familiares en habilidades que lles axuden a mellorar a calidade dos coidados que proporcionan así como o uso de técnicas que lles faciliten o labor.
As sesións terán lugar o día 23 de marzo, mércores, en Castro de Rei, no local encima de Correos, na praza Maior, entre as 16.30 e as 20.30 horas. Ademais, o 28 seguinte, luns terá lugar a mesma sesión e á mesma hora pero en Castro Ribeiras de Lea, na casa da cultura.
As formacións estarán ao cargo da Escola Galega de Saúde. E a inscrición a estes obradoiros, que serán de balde, pode facerse a través da web deste colectivo indicando nome, apelidos, enderezo, teléfono, DNI e lugar onde o vai realizar.