Castro de Rei acolle o mércores o terceiro torneo de fútbol Vila de Castro

TerraChaXa | LugoXa
Castro de Rei, concretamente o municipal Arturo Pereiro, acolle este mércores, 26 de xullo, o terceiro torneo de fútbol Vila de Castro.
torneo de futbol vila de castro portada
24 Xul 2023

O Concello de Castro de Rei, concretamente o municipal Arturo Pereiro, acolle este mércores, 26 de xullo, o terceiro torneo de fútbol Vila de Castro.

Nesta ocasión, o Rácing de Ferrol, equipo recén ascendido á 2ª División do Fútbol Español, enfrontarase ao SD Ponferradina, equipo de 1ª REF e que ostenta o título de actual campión do trofeo. Un partido de ato nivel para iniciar unha intensa pretempada de novedades e moito fútbol.

O partido terá lugar ás 19.30 horas e a compra de entradas será na taquilla ese mesmo día. Tamén pode facerse venda anticipada no número de teléfono 627 903 692. Terán un prezo de 10 euros para adultos e os abonados a metade de prezo. Os nenos menores de 12 anos non pagan.

torneo de futbol vila de castro
0.19507908821106