Castro de Rei acolle un curso sobre prevención e uso de antibióticos

LugoXa | TerraChaXa
A actividade terá lugar o 24 de febreiro na Escola Antiga de San Martiño de Goberno en horario de 17:00 a 20:00
curso-prevencion-uso-antibioticos
10 Feb 2025

O Concello de Castro de Rei, en colaboración coa Asociación Veciñal de San Martiño de Goberno, organiza o próximo 24 de febreiro un curso gratuíto sobre prevención de infeccións e uso de antibióticos.

A actividade terá lugar na Escola Antiga de San Martiño de Goberno en horario de 17:00 a 20:00 e está dirixida a todas aquelas persoas interesadas en ampliar os seus coñecementos sobre enfermidades infecciosas e o uso responsable dos antibióticos.

Este curso ten como obxectivo ensinar aos asistentes a diferenciar entre infeccións víricas e bacterianas, coñecer os mecanismos de transmisión das enfermidades, identificar os principais grupos de risco e aplicar consellos prácticos para evitar enfermidades infecciosas.

Entre os temas que se tratarán inclúense as diferenzas entre virus, bacterias, fungos e parasitos, así como consellos de prevención como a correcta hixiene das mans e o uso axeitado dos antibióticos.

As inscricións poden realizarse a través dun formulario en liña e para calquera dúbida ou máis información, os interesados poden contactar a través do teléfono 982 390 062 ou do correo prevenciondrogas@rabade.org. Esta actividade conta tamén co apoio da Escola Galega de Saúde para Cidadáns, que facilita recursos e materiais formativos para a cidadanía.

0.16789698600769