Castro de Rei acollerá a obra de teatro 'O Pano' este domingo

LugoXa | TerraChaXa
A obra, recomendada para maiores de 12 anos, relata unha emocionante historia de superación e conexión atemporal entre dúas mulleres de épocas diferentes
teatro-o-pano
27 Jan 2025

O Concello de Castro de Rei organiza a representación da obra O Pano, da compañía Bátega Teatro, o vindeiro domingo 2 de febreiro ás 17:30 horas na casa da cultura de Castro Ribeiras de Lea.

A obra, recomendada para maiores de 12 anos, relata unha emocionante historia de superación e conexión atemporal entre dúas mulleres de épocas diferentes. Celia, nacida en 1924, enfróntase aos retos do patriarcado, a Guerra Civil e a posguerra, mentres reconstrúe a súa vida grazas á natureza e á memoria das súas devanceiras. Pola súa banda, Sau, no ano 2040, loita nunha sociedade distópica controlada por microchips. As súas vidas entrelázanse a través dunha fenda temporal nunha narrativa chea de emoción e loita.

A dirección e dramaturxia están a cargo de Raquel López Cendán, quen tamén protagoniza a obra xunto a Ero Vázquez Cabrera. O evento promete ser unha cita ineludible para os amantes do teatro.

0.1637589931488