Castro de Rei acollerá a presentación do libro O mundo nun puño de remol
TerraChaXa
O próximo 3 de xuño terá lugar en Castro de Rei a presentación do libro “O mundo nun puño de remol (poesía póstuma)”.
8 Maio 2021
O próximo 3 de xuño ás 18:00 horas coincidindo coa celebración dos cento vinte e cinco anos do nacemento do poeta Xosé Crecente Vega, terá lugar en Castro de Rei a presentación do libro O mundo nun puño de remol (poesía póstuma).
Esta obra, publicada pola editorial Espiral Maior, a iniciativa Comisión Crecente Vega e co apoio do Concello de Castro de Rei, recolle os poemas inéditos do autor, gran referente da poesía galega.