Castro de Rei acollerá un campionato de tiro ao prato en maio

TerraChaXa
O Tecor Terra Chá celebrará a fin de semana do 17 ao 19 de maio unh campionato de tiro ao prato que se desenvolverá no campo de tiro de Snata Leocadia, en Castro de Rei.
57092791_274346840170922_8729828656152576000_n
29 Abr 2019

O Tecor Terra Chá celebrará a fin de semana do 17 ao 19 de maio unh campionato de tiro ao prato que se desenvolverá no campo de tiro de Snata Leocadia, en Castro de Rei.

A actividade dará comezo o venres 17 coa sesión de adestramentos con reenganche, que se iniciarán ás 11.00 horas e na que se disputarán dez premios. O sábado 18 continuará o torneo coa tirada local con reenganche e tamén dez premios en xogo.

Finalmente, o domingo será a tirada oficial, con 17 premios en xogo. Todos os días, ás 21.00 horas, terá lugar o desempate e a entrega de premios. Para dilucidar o primeiro posto haberá sesión especial mentres que o no resto de posicións o desempate será por orde de inscrición.

Durante o torneo haberá servizo de cartuchería e bar no campo de tiro. Os interesados en apuntarse poden facelo a través de Toño (649 920 669) e Breixo (655 091 297).

0.069883108139038