Castro de Rei acometerá cunha axuda a rehabilitación da muralla exterior

TerraChaXa | LugoXa
O Goberno local de Castro de Rei, que preside Francisco Balado, levará a cabo o acondicionamento e rehabilitación da muralla exterior.
muralla exterior castro de rei 2
24 Feb 2022

O Goberno local de Castro de Rei, que preside Francisco Balado, levará a cabo o acondicionamento e rehabilitación da muralla exterior da localidade dentro do proxecto de actuación que se enmarca nas axudas que o IGVS concede aos Concellos que recibiron o título de ARI (Área de Rehabilitación Integral).

Estas axudas complementan as que concede a Xunta tamén para os particulares para o proceso de rehabilitación destes centros históricos.

O investimento neste proxecto é de 61.000 euros, ive incluído. E o obxectivo da actuación é a limpeza da muralla, a reposición nalgunhas zonas onde faltan as pedras ou estas están castigadas pola erosión, así como enfincar o interior da muralla se Patromonio o autoriza.

A actuación comprende un total de 450 metros lineais que comprenderían a parte exterior máis a concurrencia coa rúa Aquilino Iglesias Alvariño, así como accesos, escaleiras, entradas e saídas dende a circunvalación de Castro ata a praza da igrexa.

"Tomamos a decisión de comezar por esta actuación xa que, despoiso do escudo do castelo, é o máis destacado. O escudo xa o recuperamos hai tempo e lle fixemos un monolito na praza da Igrexa e a seguinte actuación lóxica pola nosa parte era a muralla", explica o alcalde.

Con esta axuda, a intención é comezar o antes posible esta actuación para que se finalice neste ano ou no que vén. "Temos a obriga de consolidar este vestixio histórico artístico e asegurar a súa conservación", explica Balado.

0.12250900268555