Castro de Rei arranca cunha churrascada as súas festas de San Xoán

LugoXa | TerraChaXa
Castro Ribeiras de Lea mostra un avance do seu programa de festas de agosto
rehabilitacion muralla castro de rei
Muralla de Castro de Rei
8 Xul 2024

Castro de Rei celebrará en xullo as súas festas patronais na honra de San Xoán. Comezará o venres 12, ás 22.30 horas, amenizada polo grupo Los Adrianos.

A programación oficial das festas continuará o sábado, 13 de xullo cunha misa solemne ás 13.30, seguida dunha procesión e sesión vermú . A música estará ao cargo novamente do grupo Los Adrianos, que fará un pase en sesión vermú e, pola noite, é a quenda do grupo Beatriz.

O domingo, o oficio relixioso terá lugar ás 14.00 horas e será o dúo Milenial o que se encargue do apartado musical en sesión vermú, xa que non está prevista verbena.

RIBEIRAS DE LEA

A localidade de Castro Riberas de Lea publicou un avance das súas festas patronais, que se celebrarán os días 2, 3, 4 e 5 de agosto, as horas aínda están por precisar.

A organización avanza que este ano contarase coa presencia dos Festicultores, orquestra New York, Trebol, Stereo, Combo Dominicano, Los Españoles, Costa Dorada, Principal, Charanga 555, Disco Truk, os Valuros de Castro de Rei e Hermo. Ademais de xogos tradicionais, festa da escuma e unha churrascada veciñal que de comezo ás festas.

0.15479207038879