Castro de Rei: Balado mantén o bastión

TerraChaXa | LugoXa
O alcalde de Castro de Rei aumenta a maioría absoluta para o PP sen problemas mentres o PSOE perde un concelleiro e o BNG mantense
PP Castro Francisco Balado
3 Jun 2023

O alcalde de Castro de Rei aumenta a maioría absoluta para o partido popular sen problemas mentres o PSOE perde un concelleiro e o BNG mantense.

CONCELLEIROS ELECTOS

◆ Francisco J. Balado Teijeiro (PP)
◆ Roberto Lorenzo Fernández (PP)
◆ Víctor Carrera Puente (PP)
◆ Laura Campo Fernández (PP)
◆ María Josefa López López (PP)
◆ José Rielo Losada (PP)
◆ José Luis García Barja (PP)
◆ Marisol Gigán Díaz (PP)
◆ María Edita Sinde Basanta (PP)
◆ Alba Sinde Paz (PSOE)
◆ José Luis Castro Tellado (PSOE)
◆ María Josefa Folgueira Lage (PSOE)
◆ Olga García Portela (BNG)

Castro de Rei seguirá sendo máis popular. Así o dixeron as urnas, onde o eleitorado foi fiel a Francisco Balado, que mantén o volume de votos e incluso incrementa un pouco a porcentaxe, que é do 65,5%. Sen embargo, este foi un dos concellos onde a Xunta Electoral tivo que pronunciarse xa que un erro na transcripción de datos deu máis votos ao BNG dos que lle correspondían e o PP mantiña a representación.

Ao revisar todo a última hora da noite electoral déronse conta do erro e aplicando a lei os datos deixaron ao PP como gañador cun concelleiro máis, que foi o que perdeu o PP e o BNG mantén o único representante que tiña.

O erro aconteceu nunha mesa en Ponte de Outeiro, onde votan veciños de Pacios e Bazar. A confusión foi cun lote de 24 votos que realmente tiña o BNG e se lle atribuíron ao PSOE e os 140 que eran socialistas. Arranxado o erro, e facendo unha comparativa, o PP segue subindo, no en votos absolutos pero si en porcentaxe.

O PSOE caeu un poco, por medio cento de sufraxios, e o descenso do BNG chega ata os cen votos.

Desde que Francisco Balado se presentou aos comicios no 2011 leva encadeando vitorias cunha importante vantaxe sobre o resto e isto vai continuar catro anos máis.

O futuro alcalde avanzou como principais liñas programáticas impulsar a creación de máis solo industrial no parque de Castro Ribeiras de Lea e o incremento da participación en plans integrados de emprego, aumentando con elo a elevada cifra acadada neste mandato de persoas empregadas nas industrias asentadas.

castro1923
Castro. de Rei barras
0.16463279724121