Castro de Rei celebra as súas festas patronais o 14 e 15 de xullo

TerraChaXa
O Concello de Castro de Rei celebrará a fin de semana do 14 e 15 de xullo as súas festas patronais na honra de San Xoán, que terán lugar na capitalidade do municipio.
3 Jul 2018

O Concello de Castro de Rei celebrará a fin de semana do 14 e 15 de xullo as súas festas patronais na honra de San Xoán, que terán lugar na capitalidade do municipio.

A comisión organizadora ten previsto unha programación musical para os dous días. Así, o sábado actuarán as orquestras Suavecito e Lume en sesión vermú e verbena mentres que o domingo o apartado musical estará ao cargo de Estéreo.

Como todos os anos, os dous días celebraranse os tradicionais xantares privados.

0.079449892044067