Comeza esta fin de semana o concurso de tapas de Castro Ribeiras de Lea

TerraChaXa
A localidade de Castro Ribeiras de Lea celebrará a quinta edición do seu popular concurso de tapas, que terá lugar os días 6, 7 e 8 e 12, 13 e 14 de abril, coincidindo coa fin de semana, para que os visitantes podan achegarse ata Castro.
concurso de tapas de castro2
5 Abr 2018

A localidade de Castro Ribeiras de Lea celebrará a quinta edición do seu popular concurso de tapas, que terá lugar os días 6, 7 e 8 e 12, 13 e 14 de abril, coincidindo coa fin de semana, para que os visitantes podan achegarse ata Castro. Este concurso está organizado por Xandra, Mari Carmen e Sara, que xa organizaron fai uns meses unha degustación de productos típicos da zona, e que tamén é o que buscan con este concurso. “Esperamos contar con moitos participantes, xa que este concurso está consolidado dende hai 4 anos, así que desexamos que continúe moito máis tempo”, din as organizadoras.

Como en edicións anteriores, serán once locais de Castro os que presentarán a súa tapa estrela para que sexa valorada polo público e por un xurado de expertos. O público cos seus votos decidirá o gañador, pero tamén haberá un gañador según o voto do xurado que nomee a Asociación de Hostaleiros de Lugo.

Os locais partipantes son: Río Lea, Chus, Carballeira, Suso, Améndoa, L&M, Fénix, Mariva, Sagitario, Paco, Puente e Cóndor. Os visitantes que se acheguen a degustar as tapas dos oncebares entrarán nun sorteo que ten como premios 700, 200 e 100 puntos, que son un gran alicerce para achegarse á vila durante as dúas fins de semana do concurso no que os hostaleiros ofrecen o mellor das súas cociñas. As tapas serán propostas innovadoras, que serán servidas en horario de 20:00 a 00:00 horas, e cun prezo de dous euros.

concurso de tapas de castro
0.17758512496948