Castro de Rei conmemora o 25N cun monólogo de Sole Felloza
LugoXa | TerraChaXa
Será o 22 de novembro, ás 17.00 horas, o Centro Sociocultural Xosé Manuel Carballo

18 Nov 2025
O Concello de Castro de Rei celebrará o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller cunha proposta cultural dirixida ao público adulto.
O 22 de novembro, ás 17.00 horas, o Centro Sociocultural Xosé Manuel Carballo acollerá a representación de Bolboretas, o monólogo da actriz e narradora Sole Felloza.
A iniciativa busca promover a reflexión, a igualdade e a sensibilización fronte á violencia machista, empregando a cultura como ferramenta para achegar á veciñanza unha mensaxe de conciencia e compromiso social.