Castro de Rei contará con tres quendas de campamento este verán
O Concello de Castro de Rei celebrará no mes de xullo tres campamentos de verán repartidos entre a capitalidade e Castro Ribeiras de Lea.
Volve o campamento urbano en tres quendas para rapaces de 3 a 14 anos. Así, a primeira será do 1 ao 15 de xullo, outra do 16 ao 30 do mesmo mes e rematarán do 16 ao 31 de agosto.
Esta actividade terá un horario de 9.30 a 14.00 horas con servizo de madrugadores desde as 8.30 horas. As xornadas desenvolveranse nas instalacións do centro socilcultural Xosé Manuel Carballo e e no pavillón deportivo municipal de Castro Ribeiras de Lea.
No campamento desenvolveranse actividades de deporte, animación, contacontos e animación á lectura, obradoiros, educación ambiental, excursión ao Aquapark de Cerceda, etc.
As inscricións poden facerse ata o 7 de xuño. Os formularios poden descargarse na web do Concello, www.castroderei.gal, e entregarse por rexistro.
Ofrecerán información no teléfono 982 804 773.