Castro de Rei fará unha amortización para rematar coa débeda do Concello
O Concello de Castro de Rei ten previsto conseguir a “débeda cero” nas vindeiras semanas, mediante a amortización dos últimos 550.000 euros pendientes do préstamo para a construcción da residencia de asistidos e discapacitados da vila de Castro de Rei.
A operación levarase a cabo nun Pleno que se celebrará a vindeira semana mediante unha modificación de crédito, na que se destinarán os 867.000 euros de remanentes de crédito procedentes de exercicios anteriores a liquidar o préstamo concertado no ano 2005 con Caixa Rural e tamén a complementar distintas partidas orzamentarias coa finalidade de manter a inversión por habitante e poder levar a cabo os proxectos pendentes.
"Trátase de cantidades importantes, debendo destacarse que amortizamos 1.500.000 euros en 7 anos, xa que cando chegamos ao goberno en maio de 2011 o Concello tiña una débeda pendente de 1´5 millóns de euros procedentes do préstamo concertado no ano 2005 para a construcción da residencia de Castro de Rei, e agora deixámolo a cero. As dificultades máis relevantes tiveron lugar entre os anos 2011 e 2014, durante a crise económica cando o pago da débeda nos impedía facer inversións necesarias para os veciños, sendo máis levadeiras nesta última lexislatura na que poñemos de manifesto que nestes tres últimos anos, dende maio de 2015 amortizamos máis de 1.000.000 de euros do préstamo", explica a alcalde.
"Trátase dunha decisión seria e responsable coa que pretendemos eliminar o endebedamento para borrar a carga financeira que pesa sobre o Concello e conseguir o equilibrio orzamentario, deixando de destinar recursos públicos a amortizar o préstamo e os intereses, e destinando ese diñeiro a realizar novas inversións para os veciños e veciñas de Castro de Rei", engade.
"Castro de Rei xa non terá nin un só euro de débeda por habitante, e na próxima lexislatura xa non haberá ningún tipo de lastre e atadura para as arcas municipais, deixando un balance positivo da nosa xestión fronte ó Concello durante estes 7 anos", conclúe.