Castro de Rei investirá na rehabilitación da muralla e na remodelación do parque infantil da praza Maior

LugoXa | TerraChaXa
A primeira das actuacións subvencionada integramente por parte do IGVS con cargo aos fondos ARI
rehabilitacion muralla castro de rei
Muralla de Castro de Rei
30 Xul 2024

O Concello de Castro de Rei destinará 100.000 euros a inversión na vila de Castro de Rei en dúas actuacións, unha delas destinada á rehabilitación dun tramo da muralla e escaleiras, e a outra ao parque infantil situado na praza Maior. As dúas obras están subvencionadas por parte da Xunta de Galicia.

A primeira das actuacións subvencionada integramente por parte do IGVS con cargo aos fondos ARI da consellería de vivenda, foi adxudicada á empresa Cibay 2024 SL por importe de 59.445 euros, aos que hai que engadir 2.240 de custes de redacción de proxecto. O obxectivo está en rehabilitar un tramo da muralla de Castro de Rei mediante a limpeza e consolidación dos muros, así como acondicionar as escaleiras que comunican o acceso á rúa Poeta Crecente Vega coa rúa Amigos da Feira.

En canto á segunda das actuacións a construción dun novo parte infantil, con cargo ás axudas de Vicepresidencia da Xunta de Galicia, con un importe subvencionado dun 70 %, foi adxudicada á empresa Bahía Park SL  por importe de 39.021 euros, coa que se pretende a substitución na súa totalidade do parque infantil existente.

"Dende o Concello valoramos moi positivamente estas dúas actuacións, coas que pretendemos renovar unha parte da vila de castro de rei, dando unha nova imaxe ós accesos da vila co acondicionamento da muralla que é un elemento significativo de castro de rei, así como o parque infantil situado nun espazo destinado ós nenos e nenas máis novos", explicou o alcalde, Francisco Balado.

0.14927411079407