Castro de Rei licita un contrato para a adquisición dun cortacéspede
TerraChaXa | LugoXa
O Concello de Castro de Rei licita o contrato para a adquisición dun vehículo cortacéspede destinado á protección do medio ambiente e do espazo natural e outras tarefas enmarcadas no exercicio das competencias propias do concello de Castro de Rei.
4 sep 2023

A forma de adxudicación do contrato será o procedemento aberto simplificado no que todo empresario interesado poderá presentar unha proposición, quedando excluída toda negociación dos términos do contrato cos licitadores.
Este proxecto conta cun orzamento total de 36.300 euros e o prazo máximo de entrega do vehículo cortacéspede será de 20 días naturais.