Castro de Rei mellorará o seu núcleo urbano coa rehabilitación da muralla

TerraChaXa | LugoXa
O Concello de Castro de Rei tramita ante o Servizo de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia en Lugo o Proxecto de Rehabilitación da Muralla de Castro de Rei, que é o elemento máis representativo da Área de Rehabilitación Integral do ámbito urbano da vila.
rehabilitacion muralla castro de rei
8 Dec 2023

O Concello de Castro de Rei tramita ante o Servizo de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia en Lugo o Proxecto de Rehabilitación da Muralla de Castro de Rei, que é o elemento máis representativo da Área de Rehabilitación Integral do ámbito urbano da vila.

Con esta intervención preténdese rehabilitar a zona situada fronte á rúa Poeta Crecente Vega así como as escaleiras que dan acceso á rúa Amigos da Feira. As actuacións consistirán na limpeza e consolidación dos muros existentes, modificacións nalgúns chanzos das escaleiras e substitución do revestimento nalgunhas zonas para adecualos ó resto do recinto.

A actuación ten un orzamento de 66.648 euros será financiada con cargo ás axudas concedidas pola Xunta de Galicia. Dende o Concello valoramos positivamente esta actuación que servirá para mellorar o aspecto da muralla existente, que é sen dúbida un dos elementos máis significativos do núcleo urbano, contribuíndo así a mellorar a imaxe da vila.

0.18280410766602