Castro de Rei prepara un variado programa de Nadal

TerraChaXa
O Concello de Castro de Rei, en colaboración coas asociacións Zoelas de Castro Ribeiras do Lea e Amigos da Feira de Castro de Rei, preparan un variado programa de Nadal para desfrute de todos.
73370534_2460426710867385_4667539873383579648_n
18 Dec 2019

O Concello de Castro de Rei, en colaboración coas asociacións Zoelas de Castro Ribeiras do Lea e Amigos da Feira de Castro de Rei, preparan un variado programa de Nadal para desfrute de todos.

Así, o día 26 dará comezo Minichef Nadal de 17 a 18.45 na Casa da Cultura de Castro Ribeiras do Lea.

Ao día seguinte, un obradoiro de plastilina máxica fará desfrutar aos cativos de 17 a 18.45 horas no Centro Sociocultural Xosé Manuel Carballo.

O luns 30 de decembro, as escolas deportivas municipais visitará Xuvenlugo, e o martes 31 haberá un obradoiro de manualidades de 16.30 a 18 horas na Casa da Cultura de Castro Ribeiras do Lea.

Xa en xaneiro, o día 2 voltará Minichef Nadal de 17 a 18.45, pero nesta ocasión trasladarase ao Centro Sociocultural Xosé Manuel Carballo.

O venres 3 serán a quenda dos inchables no pavillón deportivo municipal de Castro Ribeiras do Lea en horario de 17 a 18.30 horas.

O domingo 5, as súas Maxestades os Reis Magos comezarán coa súas Cabalgata ás 18.00 desde o Río Lea en Castro Ribeiras do Les, para trasladarse polas rúas da vila ata a Casa da Cultura para agasallar aos cativos e desfruar dunha chocolatada.

Por último, o día 6 os Reis Magos farán a súa visita aos nenos de Castro de Rei, e saudarán aos pequenos no Centro Sociocultural Xosé Manuel Carballo para desfrutar da súa compañía, sacar unha foto e tomar unhas larpeiradas.

familia
0.19266080856323