Castro de Rei recibirá unha axuda pola vaga de lumes do ano pasado
A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, vén de remitir a sete concellos lucenses unha comunicación para informar da tramitación dos convenios para acceder ás axudas autonómicas de reparación dos danos en bens municipais.
Tras un trámite de valoración inicial na que cada municipio remitiu a declaración de danos e os gastos de reparación correspondentes, estes foron avaliados para verificar que se trataban de bens de titularidade pública, xa que logo o resto dos danos son subvencionados por outros departamentos.
Os concellos beneficiarios na nosa provincia serán os de Castro de Rei, Cervantes, Negueira de Muñiz, As Nogais, Pantón, Samos e Triacastela que recibirán unha achega equivalente ao 50 por cento dos gastos comunicados, por un importa global que supera os 13.300 euros.
Desde a administración autonómica, agardan que tamén se materialice a colaboración doutras administracións, en concreto do Estado e das deputacións, xa que longo lembran que tras a vaga de lumes e no seo da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) comprometéronse a pagar o 50 por cento restante. “Tíñamos ese compromiso e esperamos que o novo Goberno o manteña. E tamén a Deputación de Lugo que non chegou a confirmar este apoio”