Castro de Rei recolle os plásticos agrícolas do día 16 deste mes

TerraChaXa
O Concello de Castro de Rei realizará o día 16 de xullo a recollida de plásticos de procedencia agrícola.
12 Xul 2019

O Concello de Castro de Rei realizará o día 16 de xullo a recollida de plásticos de procedencia agrícola.

Para a prestación deste servizo utilizarase un camión que pasará por aquelas explotacións agrícolas que así o demanden chamando ao teléfono 982 314 034.

Os solicitantes deberán seguir unha serie de normas para a súa recollida. De feito, os plásticos deben estar depositados en puntos de fácil acceso para o camión. Por seguridade, deberán estar apartados do tendido eléctrico e dos árbores que poidan dificultar o movemento da pluma para a carga. NO deben levar arames, terra ou area.

0.083363056182861