Castro de Rei recolleu 162,72 toneladas de plásticos agrícolas

TerraChaXa | LugoXa
O servizo de recollida de plásticos agrícolas en Castro de Rei no primeiro trimestre de 2021 tivo un custe de 12.000 euros.
plasticos agrícolas
31 Mar 2021

O servizo de recollida de plásticos agrícolas no Concello de Castro de Rei durante o primeiro trimestre de 2021 tivo un custe de case 12.000 euros para as arcas municipais, "cantidade que o Concello non repercutiu ás explotacións gandeiras ás que prestou servizo", segundo explicou o alcalde, Francisco Balado.

Actualmente o servizo de recollida de plásticos agrícolas é totalmente gratuíto para as explotacións ubicadas en Castro e se realiza porta a porta previo aviso nas oficinas municipales. Está sufragado polo propio Concello.

No primeiro trimestre deste ano, recolléronse 162,76 toneladas de plásticos procedentes de silos forraxeiros e a intención é facer unha nova recollida de cara ao verán, así como outra a finais de ano. Esto supón un custe total para o Concello de máis de 30.000 euros, "cantidade que se incrementou notablemente nos últimos tempos como consecuencia da subida dos prezos da reciclaxe", indica Balado.

Como conclúe o alcalde, "este servizo, que recolle na propia explotación sen necesidade de transportar os plásticos a ningún lugar, non supón un custe adicional aos titulares con respecto á factura do lixo que se repercute trimestralmente, xa que calquera explotación pode beneficiarse deste servizo de recollida".

0.19203996658325