Castro de Rei recupera a Fonte da Virxe

TerraChaXa | LugoXa
O Concello de Castro de Rei, recupera a Fonte da Virxe, situada na Parroquia de Santa María de Duancos, nas inmediacións da Vía Rexia, variante do Camiño Norte de Santiago que unía Santirso de Abres con Lugo.
Mayra García e Darío Campos presentaron a proposta de orzamentos para o 2018
6 Nov 2020

O Concello de Castro de Rei, recupera a Fonte da Virxe, situada na Parroquia de Santa María de Duancos, nas inmediacións da Vía Rexia, variante do Camiño Norte de Santiago que unía Santirso de Abres con Lugo

Os traballos desenvolvéronse en dúas fases; nunha primeira levouse a cabo a limpeza e roza do lugar onde se ubica, así como todo o tramo de camiño por onde discorre a vía rexia, traballos que foron realizados por parte das brigadas municipais de incendios e nunha segunda fase, levouse a cabo o vaciado do vaso da fonte; situado ó nivel do chan, onde sae o manancial, así como o acondicionamento do rego de desaugue da mesma

A importancia desta fonte deriva dende tempo inmemorial, sendo un manancial o que os veciños do lugar sempre lle tiveron moito apego e devoción, estando situado ademáis nun enclave primitivo, as inmediacións da vía rexia, e igualmente preto da Igrexa Parroquial, así como do lugar onde durante séculos se celebrou a feira de Duancos, que tiña lugar o día 8 de cada mes, ata que a finais do S. XIX se trasladou a Castro R. de Lea 

Nos últimos anos a fonte estaba case desaparecida pois a terra do ribazo que se sitúa pola parte superior da fonte, desprendérase e quedou tapada e a maleza cubriuna na súa totalidade

Coa recuperación da fonte, levouse a cabo a identificación da mesma, colocando unha sinal de madeira que mantén vivo o topónimo e permite ós visitantes visualizar as corredoiras e paredes da zona

0.22287702560425