Castro de Rei remata a rehabilitación dos camiños da reestruturación parcelaria en Goberno e Balmonte

TerraChaXa
A actuación deste plan ten un orzamento de 199.377,50 euros e está financiada a cargo dos fondos do Agader
mellora-vias-restruturacion-parcelaria-castro-goberno-balmonte2
As obras realizadas
3 Xul 2024

O Concello de Castro de Rei está a completar o plan de rehabilitación de camiños en zonas de reestruturación parcelaria da Xunta de Galicia, tal e como informou o alcalde, Francisco Balado.

Neste proxecto acometéronse actuacións en distintas zonas de concentración parcelaria do Concello, entre as que se citan varias parroquias. Así na parroquia de Balmonte actuaron na zona da Igrexa, Vilaseñor, A Valiña e Zacariade. Tamén, en San Martiño de Goberno, concretamente nos lugares de Anoca, Outeiro e Ameixide.

Tamén forman parte deste plan Bazar, na que se actuará nos lugares de A Mudia, As Penelas e Cornide. Así mesmo afectará a Ponte de Outeiro e Pacios, concretamente na zona da Ponte, desde a LU-120 ata Pacios. En Ramil está previsto que actúen no Caxigal e Medianeiros.

A actuación deste plan ten un orzamento de 199.377,50 euros e consiste principalmente nun dobre tratamento bituminoso de asfalto que se aplica sobre todas as vías de titularidade municipal con regularización nas zonas nas que o firme estea máis deteriorado, así como a limpeza de cunetas.

Están financiadas a cargo dos fondos do Agader.

0.12229704856873