Castro de Rei rende homenaxe a Manuel María este mércores
LugoXa | TerraChaXa
Haberá unha mesa redonda e a proxección dun documental a cargo da Fundación Margarita Ledo Andión
10 sep 2024
O centro cultural Xosé Manuel Carballo, de Castro de Rei, acollerá este mércores, 11 de setembro, un acto de homenaxe a Manuel Maraí, organizado pola Fundación Margarita Ledo Andión.
Os actos terán lugar a partir das 19.00 horas e consistirán nunha mesa redonda baixo o título Na memoria: 29 anos do pasamento do poeta-símbolo da Chaira. Participarán a escritora Marica Campo, a profesora da UDC Pilar García Negro e o presidente da Fundación, Alberto Ansede.
Ás 20.30 horas terá lugar a proxección do documental Manuel María: Eu son fala e terra desta miña terra, de Margarita Ledo Andión, producido por Nós.