Castro de Rei renova 73 luminarias de sodio por LED para mellorar a eficiencia enerxética

LugoXa | TerraChaXa
As actuacións realizáronse nos barrios de Casas Novas, Sabugueiro, Currás, Portomuiño e na estrada de acceso ao parque de autocaravanas xunto co barrio de Gulpilleiras
farolas-led-alumeado
22 Sep 2025

O Concello de Castro de Rei levou a cabo un proxecto de substitución de 73 luminarias de sodio de 70 W por novas luces LED de 60 W na capitalidade municipal e nos barrios de Santa Locaia, cun investimento total de 26.015 euros financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental da Dirección Xeral de Administración Local da Xunta de Galicia, en réxime de concorrencia non competitiva.

As actuacións realizáronse nos barrios de Casas Novas, Sabugueiro e Currás, situados na estrada LU-P-1611, onde se instalaron 33 novas luminarias; no barrio de Portomuiño, na LU-P-1106, con 17 puntos de luz renovados; e na estrada de acceso ao parque de autocaravanas xunto co barrio de Gulpilleiras, onde se substituíron outras 23 luminarias.

Con esta intervención completouse a renovación das últimas luces de sodio e tecnoloxía obsoleta que quedaban tanto na capitalidade municipal como nas súas inmediacións, conseguindo unha maior visibilidade nas zonas de actuación e un notable aforro enerxético.

⚙ Configurar cookies
0.09041690826416