Castro de Rei revisa os procesos de reestruturación parcelaria
A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, e o alcalde de Castro de Rei, Francisco Javier Balado, reuníronse para estudar a situación actual dos procesos de reestruturación parcelaria que están abertos a día de hoxe neste municipio lugués.
En concreto, están vivas 3 zonas que corresponden a Ramil, San Xiao de Mos e Triabá, estando en fase de acordo as dúas primeiras e en bases definitivas a terceira. Está previsto traballar nesta última ao longo deste exercicio e estudar a petición dunha nova zona de reorganización situada na parroquia de Viladonga. A conselleira salientou que o seu departamento está traballando arreo para tratar de rematar administrativamente as 128 zonas vivas que hai arestora na comunidade e que, as deste concello lugués, tamén serán tidas en conta.