Castro de Rei terá campamento urbano en xullo

TerraChaXa
O Concello de Castro de Rei celebrará no mes de xullo un campamento urbano en dúas quendas para rapaces de 3 a 14 anos.
campamento urbano castro portada
4 Xuño 2021

O Concello de Castro de Rei celebrará no mes de xullo un campamento urbano en dúas quendas para rapaces de 3 a 14 anos.

Así, a primeira será do 1 ao 15 e a outra do 16 ao 30 do esmos mes.

Esta actividade terá un horario de 9.30 a 14.00 horas con servizo de madrugadores desde as 8.30 horas.

No campamento desenvolverán actividades de deporte, animación, contacontos e animación á lectura, obradoiros, educación ambiental, excursión ao Aquapark de Cerceda, etc.

As inscricións poden facerse ata o 18 de xuño. Os formularios poden descargarse na web do Concello, www.castroderei.gal, e entregarse por rexistro.

Ofrecerán información no teléfono 982 804 773.

campamento urbano castro
0.17237591743469