Castro de Rei contará con dous campamentos este verán

TerraChaXa | LugoXa
O Concello de Castro de Rei celebrará no mes de xullo un campamento urbano en dúas quendas para rapaces de 3 a 14 anos.
campamento urbano castro portada
17 Xuño 2022

O Concello de Castro de Rei celebrará no mes de xullo dous campamentos de verán repartidos entre a capitalidade e Castro Ribeiras de Lea.

Volve por unha parte o campamento urbano en dúas quendas para rapaces de 3 a 14 anos. Así, a primeira será do 1 ao 15 e a outra do 16 ao 30 do mesmo mes.

Esta actividade terá un horario de 9.30 a 14.00 horas con servizo de madrugadores desde as 8.30 horas.

No campamento desenvolverán actividades de deporte, animación, contacontos e animación á lectura, obradoiros, educación ambiental, excursión ao Aquapark de Cerceda, etc.

As inscricións poden facerse ata o 17 de xuño. Os formularios poden descargarse na web do Concello, www.castroderei.gal, e entregarse por rexistro.

Ofrecerán información no teléfono 982 804 773.

Ademais, terá lugar una campamento musical de verán do 4 ao 8 e do 11 ao 15 de xullo dirixido a pequenos de 4 a 10 anos que se desenvolverá no edificio da antiga biblioteca de Castro Ribeiras de Lea, na praza de Galicia.

O horario será de 9.30 a 13.30 horas con posibilidade de ampliación e traballarán na construción de instrumentos, xogos, contos, cancións, bailes con traballos de iniciación ao pinao e outras actividades ao aire libre.

campamento urbano castro
campamento musical castro
0.095580816268921