Castro de Rei terá dúas festas infantís de Entroido o domingo e o luns

LugoXa | TerraChaXa
A programación inclúe un concurso de disfraces con premios, música, animación, maquillaxe e unha merenda
entroido-castro-de-rei
12 Feb 2026

O Concello de Castro de Rei organiza a celebración do Entroido cunha programación especial para a cativada. O evento terá lugar en dúas localizacións e ofrecerá múltiples actividades para os máis pequenos.

O domingo 15, de 16:00 a 19:00 horas, a festa infantil desenvolverase na Casa da Cultura de Castro Ribeiras de Lea. O luns 16, no mesmo horario, a celebración trasladarase ao Centro Sociocultural Xosé Manuel Carballo, en Castro de Rei.

A programación inclúe un concurso de disfraces con premios, música, animación, maquillaxe e unha merenda de Entroido. Ademais, os asistentes recibirán unha bolsa de larpeiradas.

A festa está dirixida a nenas e nenos de 0 a 14 anos e a entrada será gratuíta, pero con inscrición previa. O concello anima ás familias a anotarse con antelación para garantir praza e desfrutar dun Entroido cheo de diversión.

⚙ Configurar cookies
0.07827091217041