Castro de Rei: Tres partidos contra a maioría que trouxo Balado para o PP

TerraChaXa | LugoXa
Tres partidos contra a maioría que trouxo Balado para o PP para Castro de Rei. Catro listas presentáronse este ano ás eleccións municipais
CANDIDATURA PP CASTRO DE REI
17 Maio 2023

Catro listas presentáronse este ano ás eleccións municipais en Castro de Rei. Ás tres forzas políticas habituais, súmase unha lista de VOX, que logrou xuntar trece candidatos. Desde 2007 neste concello non se obtivo representación de ningún outro partido que non foran os tres. Ademais, desde que Francisco Balado se presentou aos comicios no 2011 leva encadeando vitorias cunha importante vantaxe sobre o resto. A porcentaxe de 8 concelleiros do PP, 4 do PSOE e 1 do BNG leva manténdose desde ese mesmo ano. Mentres repite Balado, cambian os líderes dos dous grupos principais da oposición.

PARTIDO POPULAR

Francisco Balado, o que é alcalde desde hai doce anos volve encabezar as filas populares cunha lista completa de 13 concelleiros elixibles e tres suplentes e con figuras coñecidas do seu partido.

Balado defendeu o seu equipo como “unha lista de xente traballadora, de xente de a pé, que cre nos principios que inspiran ao Partido Popular e no seu proxecto político, en todos os ámbitos e sinaladamente no local”.

O alcaldable avanzou como principais liñas programáticas impulsar a creación de máis solo industrial no parque de Castro Ribeiras de Lea e o incremento da participación en plans integrados de emprego, aumentando con elo a elevada cifra acadada neste mandato de persoas empregadas nas industrias asentadas.

En materia de conciliación laboral e familiar, apostan por aumentar o servizo de madrugadores, construír un ximnasio no CEIP Veleiro Docampo e polo acondicionamento exterior do CEIP Ramón Falcón, ademais do reforzo dos servizos de Dependencia e do SAF. Polo que respecta ao eido deportivo, o adiantou a ampliación dos campamentos de verán e programación de ocio, a construción dunha nova pista de pádel, parques infantís nos colexios e un novo polideportivo; complementado as actuacións executadas nestes anos como o campo de adestramento de fútbol ou a instalación de parques biosaudables.

As infraestruturas tamén están no centro do programa dos populares. Balado detallou o impulso de novas concentracións parcelarias en Triabá e Viladonga, a reforma da Edar do parque industrial, e a e mellora e ampliación da rede abastecemento. “Todo iso, dixo, súmase ao millón de euros que xa investimos na rede de abastecemento de preto de 20 parroquias e na depuradora urbana de Castro Ribeiras de Lea, ademais dos 2 millóns para acondicionar os accesos aos núcleos de poboación”. No apartado de cultura, o programa contempla seguir rehabilitando os elementos arquitectónicos e etnográficos do municipio.

PSOE

No PSOE está Alba Sinde Paz, de 21 anos de idade e estudante de último curso de Ciencias Políticas. A candidata socialista afronta esta oportunidade con moita ilusión e moitas ganas, sobre todo de conseguir un cambio, de axudar a levantar Castro de Rei. O meu obxectivo principal é poñelo no mapa e loitar pola xente nova e que poida estar orgullosa do noso concello”.

Afirma a candidata socialista que “non se está facendo practicamente nada e aquelo que se fai é financiado pola Deputación Provincial de Lugo” polo que ten “a ilusión de cambiar o seu pobo, quere estar cerca da xente, escoitar os seus problemas, e darlle unha oportunidade a Castro de Rei porque é evidente que ata o de agora está paralizado”, di.

Alba Sinde quere estar “cerca da xente, próxima ás súas necesidades” e por iso, avanzou, “unha das primeiras accións que faremos será percorrer o concello para coñecernos todos, as necesidades dos veciños, e estar aí para eles”.

BNG

Pola súa parte, o BNG elixiu a Olga García Portela para encabezar o proxecto do BNG, substituíndo así a Digna Lagarón, que seguirá segunda. “O BNG defenderá servizos públicos, como fixemos coa sanidade pública do concello, e desenvolveremos todas potencialidades de Castro de Rei nun proxecto que ilusione, con coherencia, rigor e capacidade”, dixo a candidata.

Neste senso, a candidata subliñou “imos saír a por todas, o BNG está activo para producir un cambio en Castro de Rei, temos moi clara a nosa dirección, poñer no centro os intereses das veciñas e veciños”.

De igual xeito, Olga García destacou que “o BNG defenderá servizos públicos, como fixemos coa sanidade pública do concello, e desenvolveremos todas potencialidades de Castro de Rei nun proxecto que ilusione, con coherencia, rigor e capacidade”.

VOX

En Castro de Rei, VOX presenta como candidato a Álvaro Filgueiras Basanta, con ampla experiencia como axente comercial e xefe de vendas. Na actualidade é autónomo no sector de compra e venda de produtos electrónicos. De ter representación, sería a súa primeira experiencia na Corporación.

CANDIDATOS ELECCIÓNS 2023

PP

1. Francisco Javier Balado Teijeiro
2. Roberto Lorenzo Fernández
3. Víctor Carrera Puente
4. Laura Campo Fernández
5. María Josefa López López
6. José Rielo Losada
7. José Luis García Barja
8. Marisol Gigán Díaz
9. María Edita Sinde Basanta
10. Juan José Pita Iravedra
11. Mónica Begoña González Cabana
12. José Ramón Vega Barja
13. Paula Sánchez Seoane
Suplentes
1. Josefa Mouriz Teijeiro
2. Ana Isabel Morandeira López
3. Pablo Prieto González

PSOE

1. Alba Sinde Paz
2. José Luis Castro Tellado
3. María Josefa Folgueira Lage
4. Carlos Sinde Basanta
5. Ana María Canto Rodríguez
6. Sergio Peteira Iglesias
7. Trinidad Castro Docando
8. Juan José Díaz Valiño
9. Lucía Tojeiro Lamas
10. José María Campo Castro
11. Marisa Rodríguez Gigán
12. Mario Saavedra Pérez
13. Iria Campo Piñeiro
Suplentes
1. José Carballeira Valiña
2. Marta Lorenzo Veiga
3. Luis Veiga Veiga

BNG

1. Olga García Portela
2. Digna María Lagarón Doval
3. Adrián Rodríguez Rancaño
4. María Xosé Fernández Covos
5. David Vivero Novo
6. Iria Corredoira García
7. Manuel Anllo Canto
8. Natalia Alonso Freire
9. José Luís Fernández García
10. Ana Belén Veiga Teijeiro
11. Alfonso Legaspi Veiga
12. María Loli Linares Fernández
13. Germán Naval Lage
Suplentes
1. María Angelines Freire Castro
2. Carlos A. Rodríguez Rodríguez
3. Serafín Carballo Carballeira

VOX

1. Álvaro Filgueiras Basanta
2. Iván Prado Pernas
3. María Isabel Costoya Cinza
4. María Isabel Vázquez del Río
5. Diego Fernández López
6. Raúl Montero Aguilar
7. María José Álvarez Balado
8. Rebeca González Ruiz
9. Carlos Martínez Tejedor
10. Isabel González Pedrero
11. Jose María Delgado Casielles
12. Mª Concepción García Méndez
13. Susana López Taboada

castro1519
PP Castro Francisco Balado
Alba Sinde, PSOE Castro
Olga Garcia BNG Castro
0.1942880153656