Castro de Rei volverá contar con tres quendas de campamento este verán

LugoXa | TerraChaXa
As quendas serán do 1 ao 16 de xullo, do 17 ao 31 do mesmo mes e rematarán do 19 ao 31 de agosto
campamento-veran-castro-de-rei
19 Jun 2024

O Concello de Castro de Rei celebrará no mes de xullo tres campamentos de verán repartidos entre a capitalidade e Castro Ribeiras de Lea.

Volve o campamento urbano en tres quendas para rapaces de 3 a 14 anos. Así, a primeira será do 1 ao 16 de xullo,  outra do 17 ao 31 do mesmo mes e rematarán do 19 ao 31 de agosto.

Esta actividade terá un horario de 8.30 a 14.00 horas. As xornadas desenvolveranse nas instalacións do centro sociocultural Xosé Manuel Carballo e no pavillón deportivo municipal de Castro Ribeiras de Lea.

No campamento desenvolveranse actividades de deporte, animación, contacontos e animación á lectura, obradoiros, educación ambiental, excursión ao Aquapark de Cerceda, etc.

As inscricións poden facerse ata o 25 de xuño. Os formularios poden descargarse na web do Concello, www.castroderei.gal, e entregarse por rexistro.

Ofrecerán información no teléfono 982 804 773.

O campamento tren un prezo de 80 euros e de 50 para o segundo irmán, así como de 25 para o terceiro.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17652297019958