Castro de Rei volverá contar con tres quendas de campamento este verán

LugoXa | TerraChaXa
Serán do 1 ao 15 de xullo, do 16 ao 31 do mesmo mes e rematarán do 14 ao 29 de agosto
campamento-castro-de-rei
6 Jun 2025

O Concello de Castro de Rei celebrará no mes de xullo tres campamentos de verán repartidos entre a capitalidade e Castro Ribeiras de Lea.

Volve o campamento urbano en tres quendas para rapaces de 3 a 14 anos. Así, a primeira será do 1 ao 15 de xullo, outra do 16 ao 31 do mesmo mes e rematarán do 14 ao 29 de agosto.

Esta actividade terá un horario de 8.30 a 14.00 horas e no campamento desenvolveranse actividades de deporte, animación, contacontos e animación á lectura, obradoiros, educación ambiental, excursión ao Aquapark de Cerceda, etc.

As inscricións poden facerse ata o 20 de xuño. Os formularios poden descargarse na web do Concello, www.castroderei.gal, e entregarse por rexistro.

⚙ Configurar cookies
0.093975067138672