Castro de Ribeiras de Lea acollerá a celebración do Día da Patria Comarcal o domingo

LugoXa | TerraChaXa
O evento contará coa participación destacada da portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, quen intervirá no acto político central da xornada
dia-da-patria-galega-castrp
21 Jun 2025

A carballeira de Castro de Ribeiras de Lea, no concello de Castro de Rei, será o escenario da celebración do Día da Patria Galega a nivel comarcal este domingo 22 de xuño. A xornada, organizada polo Bloque Nacionalista Galego, dará comezo ás 13:30 horas e reunirá militantes, simpatizantes e veciñanza nun acto político, festivo e reivindicativo.

O evento contará coa participación destacada da portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, quen intervirá no acto político central da xornada. A continuación, os asistentes poderán compartir un xantar comarcal e desfrutar dunha actuación musical, nun ambiente de compromiso coa cultura, coa lingua e coa defensa dos dereitos do pobo galego.

Dende a organización animan a anotarse previamente no local comarcal do BNG para participar nesta cita que cada ano reúne a milleiros de persoas en distintos puntos do país para celebrar a identidade galega e reclamar unha Galiza con futuro.

⚙ Configurar cookies
0.1761200428009