Castro e Burela enfrontaranse na final da Copa Galicia de fútbol sala en Semana Santa

LugoXa | TerraChaXa | AMariñaXa
O Castro venceu na casa ao Poio por 4-1, a mesma diferencia que obtivo o Burela a domicilio co Marín
catro-fs-semifinal-copa-galicia
5 Mar 2025

Os dous equipos máis fortes do fútbol sala feminino da provincia, o Castro e o Burela, viviron este martes as semifinais da Copa Galicia.

Ámbolos dous se clasificaron para xogar a final, que se disputará a fin de semana de Semana Santa, o 17 de abril.

O Castro superou ao Poio por 4-1, con goles de Luisa, dous de Daniella e Camila. O equipo chairego logrou facerse cunha renda de 2-0 antes do intermedio e foi na segunda parte cando o rival se achegou. Nos intres finais, o Castro aproveitou dous roubos de balón para completar o resultado.

O equipo vermello chegou a semifinais despois de superar ao Vilalba por 0-2 no mes de outubro nos cuartos, nos que entrou directamente.

O Burela FS, pola súa conta, gañou a domicilio ao Marín tamén por 1-4. Abriron unha fenda importante que lles deu seguridade na primeira parte, na que chegaron a estar 0-3 pero que acabou co gol do local un minuto antes do asubío. As autoras dos tantos foron Patri Ortega, Emilly e Cris Lournés. Na segunda parte marcou o cuarto Dany no minuto 29' e logo o marcador non se moveu máis.

As burelás tiñan tamén superada a fase de cuartos ante o Meigas, ao que golearon por 0-7.

⚙ Configurar cookies
0.68868494033813