Castro recupera en xaneiro a súa tradicional carreira entre as dúas vilas

TerraChaXa
O Concello de Castro de Rei organiza a IV Carreira Popular Concello Castro de Rei. A proba celebrarase o vindeiro domingo 9 de xaneiro.
CARREIRA POPULAR CASTRO PORTADA
30 Nov 2021

O Concello de Castro de Rei organiza a IV Carreira Popular Concello Castro de Rei. A proba celebrarase o vindeiro domingo 9 de xaneiro, con saída na Casa do Concello e percorrido por vías da Deputación. A meta será no Campo da Feira de Castro Riberas de Lea.

A carreira cumprirá en todo momento coas recomendacións establecidas para eventos e actividades deportivas no contexto da nova normalidade provocada pola covid-19, e en función da evolución da pandemia estará sometida, en todo caso, ao cumprimento das normas de prevención da enfermidade que establezan as autoridades sanitarias en cada momento. Polo que a organización, por causas de forza maior, reservaranse o dereito de realizar os cambios que sexan necesarios.

A saída da proba será no núcleo de Castro de Rei, dende a casa do Concello, e a meta en Castro Riberas de Lea. A organización poñerá a disposición dos participantes na proba un servicio de autobuses para trasladar aos deportistas dende o Pavillón municipal de Castro Riberas de Lea ata á saída na Casa do Concello de Castro de Rei.

INSCRICIÓN

A inscrición, que se realiza na web carreirasgalegas.com, pecharase o martes 4 de xaneiro ás 23:59 horas. Haberá unha categoría absoluta cunha distancia de 14,6 quilómetros e despois cinco grupos máis en función da idade que percorrerán dende os 0,15 quilómetros dos pitufos ata os 2 quilómetros dos sub 18.

A carreira absoluta terá a súa saída ás 10.30 horas e as outras cinco probas sairán cada cinco minutos, dende os pequenos ás 12.15 ata os sub 18 ás 12.35.

Haberá trofeo para os tres primeiros clasificados masculinos e femininos da carreira absoluta e para os tres primeiros da cada categoría. En Pitufos darase medalla a todos os participantes pero non haberá trofeos para esta categoría nin se farán clasificacións.

Nas categoría dende promoción ata sub 16-18 darase medalla a todos os participantes, así como trofeo ós tres primeiros. Ademais repartirase un trofeo ao primeiro/a atleta local da carreira de adultos. A entrega de premios será na zona de meta (Carballeira) e comezará, aproximadamente, ás 12.45h.

SERVIZOS

Os participantes gozarán dos seguintes servizos antes, durante e despois da carreira como aparcadoiro gratuíto (ata ocupación das prazas existentes) nas inmediacións do pavillón municipal; baños, vestiarios e duchas no pavillón municipal de Castro Riberas de Lea, a escasos 300 m da liña de meta; roupeiro e un vehículo transportaraas ata a liña de meta. Ademais haberá servizo de autobuses, avituallamento ao final de cada carreira para todos os participantes, pinchos e bebidas ao remate da última carreira para todos os participantes e servizo de ambulancia.

257404570_1418690745251975_8639455259166736213_n
0.16502809524536