Castro Ribeiras de Lea acolle estes días a Castronomía de Outono
Once hostaleiros da localidade de Castro de Ribeiras de Lea participarán do 2 ao 4 de novembro na segunda Castronomía de Outono, unha sesión de tapas na que le pon en valor os produtos da zona.
As firmas colaboradoras deste ano volven ser Bar Fénix, Café Bar Chus, Cafegería Mariva, A Arrincadeira, Améndoa, Restaurante Suso, Pub Sagitario, Restaurante Río Lea, Café Bar Puente, Bar Paco e Café Bar L&M.
En todos estes locales haberá tapas a un prezo de 1,50 euros e os clientes que proben todas as tapas entrarán no sorteo dunha fin de semana con spa no Hotel Talasoterapia. O horario das tapas será de 20.00 0.00 horas, agás o domingo, que será ao mediodía.
Os patrocinadores deste evento son SurExport, Mar de Lorbe, Quescrem, Leitigal, Croketas D', Abanca, Gaseosa La Pitusa, Estrella Galicia, Frilea e Grupo Sada xunto co Concello e Castro de Rei.