Castro Ribeiras de Lea acolle o Campionato Galego de longa distancia MTBO
TerraChaXa | LugoXa
Volven as competicións de orientación despois do descanso do verán. O Club Orientación Compás organiza dúas probas este sábado.
2 sep 2022
Volven as competicións de orientación despois do descanso do verán. O Club Orientación Compás organiza dúas probas este sábado 3 de setembro en Castro de Ribeiras de Lea.
Pola mañá disputarase o Campionato Galego de distancia longa de MTBO e pola tarde terá lugar a III proba da Liga Galega de Trail-O.
As inscricións xa están pechadas.
O percorrido é na súa totalidade por pistas anchas e con bo paso que requiren pouca técnica ademais de carreteras secundarias de pouca circulación.