Castro Ribeiras de Lea acollerá o día 14 a popular Festa da Carballeira

TerraChaXa
Un ano máis, Castro Ribeiras de Lea acollerá a celebración da popular Festa da Carballeira, organizada pola Unión Democrática de Pensionistas.
30 Maio 2018

Un ano máis, Castro Ribeiras de Lea acollerá a celebración da popular Festa da Carballeira, organizada pola Unión Democrática de Pensionistas.

O programa de actos dará comezo ás 13.00 horas co misa casmpestre, á que seguirá unha sesión vermú a cargo da orquestra Escaparate. Como en anos anteriores, tras a comida, que será ás 14.30 horas, haberá baile durante toda a tarde.

Está prevista a asistencia de preto de 20 asociacións dos concellos da comarca da Terra Chá e concellos limítrofes. Así, confirmaron a asistencia as de Castro de Rei, Cospeito, Fonsagrada, Guitiriz, Lourenzá, Lucus Augusti de Lugo, Meira, Mondoñedo, Monterroso, Palas de Rei, Pantón, Pol, Pontenova, Portomarín, Pastoriza, Riotorto e Trabada. Baleira e Outeiro de Rei faltan por confirmar.

Para asistir a esta festa é necesario anotarse previamente nunha das asociacións.

 

 

0.19574809074402