Castro Ribeiras de Lea e Castro de Rei preparan as festas

TerraChaXa | LugoXa
Castro Ribeiras de Lea prepara as súas festas patronais que volverán á normalidade tras dous anos sen festexos trala incidencia da covid.
FESTAS CASTRO RIBEIRAS DE LEA PORTADA
11 Xul 2022

Castro Ribeiras de Lea prepara xa as súas festas patronais que volverán á normalidade tras dous anos sen festexos trala incidencia da covid.

Como sempre, estas terán lugar a primeira fin de semana de agosto, que nesta ocasión corresponden aos días 5, 6, 7, e 8.

Novamente a localidade contará con algunhas das orquestras máis destacadas do panorama musical. Abrirá o venres coa actuación de Furia Joven, de Canarias e DJ David Expósito de Radio Líder.

O sábado será a vez das orquestras Miramar e Trébol deixando para o domingo a actuación de Panorama xunto á orquestra Stereo Music-Show.

Pechará a programación musical Alabama Show e Combo Dominicano o luns.

A estas sumaranse outras actividades que a comisión irá desgranando ao longo do mes, como o pregón, que estará ao cargo do periodista Xoán Carlos Vidal, o domingo ás 14.30 horas, despois da misa e a procesión.

CASTRO DE REI

Tamén está lista a programación das festas de Castro de Rei, na honra de San Xoán, que terán lugar a partir do 15.

A programación comezará o venres cunha chrurrascada popular amenizada polo dúo Os Adrianos, que arrancará ás 22.30 horas.

O sábado destará a actuación de M3 en dobre sesión á que se sumará á noite de novo Os Adrianos. O domingo haberá tamén dobre cita musical coa orquestra Galaxia nas dúas ocasións.

Tanto sábado como domingo haberá misa solemne seguida de procesión ás 13.30 horas.

0.18229985237122